O tiro con fonda balear, tir de fona, sitúa as súas orixes no mundo pastoril, xa que era utilizado para reunir o ganado ou para cazar pequenos animais. Na idade antiga foi utilizado como instrumento de guerra e así consta nas guerras púnicas e gregas.

Existen dúas modalidades de xogos: lanzar unha pedra o máis lonxe posible, longa distancia, ou dar a un branco, puntería, servíndose nas dúas dunha fonda para o lanzamento. Esta pode estar feita con calquera material de orixe animal ou vexetal e a súa lonxitude máxima é dun metro. A modalidade de puntería ou precisión é a máis practicada e consiste en dar a unha diana situada a unha distancia de 30, 60 ou 90 pasos, equivalendo un paso a 0,65 m. Segundo os tipos do xogo, a diana colócase a unha distancia determinada. Consta dun cadrado de madeira de 1,20 m de lado, suxeitado no chan por un soporte. O branco da diana sitúase no centro do cadro, sobre un círculo de metal de 0,50 m.

Os selos van unidos a unha viñeta que reflicte momentos de cada actividade.